domingo, 15 de octubre de 2023

A biblio non para de recibir visitas!!

 Ola peques e familias!! 
Dende a súa apertura a BIBLIO non para de funcionar e iso non pode facernos máis felices!! Sobre todo, a LIBRIA!! 
Ela sempre está atenta ao que ocorre alí!! O outro día tivemos a visita de Alfonso, DIRECTOR xubilado do noso cole que nos veu a contar a súa experiencia dentro do proxecto de primeiro de primaria "OBRADOIROS DAS PROFESIÓNS DAS NOSAS FAMILIAS" !! Ademais están traballando o tema do COLEXIO!!
Contounos que a biblio era pequena e só tiña unha estantería pequena de libros para tod@s!! E iso que eran moit@s máis nen@s que nós!!
E sabedes?? 
Trouxo fotos da inauguración da biblioteca!! Foi moi emocionante e importante!! Veu a tele e todo!!
Contounos tamén que Libria fora froito dun concurso entre o alumnado e deixámoslle un encargo que trasladamos a toda a COMUNIDADE EDUCATIVA!! Quen foi o creador/a da nosa querida mascota Libria??
Este curso que o proxecto de centro versa sobre convivencia unida á CREACIÓN ARTÍSTICA é un bo RETO!! A ver se podedes axudarnos!! Esperamos as vosas respostas ou pistas en comentarios!! 
Seguiremos informando 
de máis actividades!! 
Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario