jueves, 5 de octubre de 2023

Abre a biblio e comeza o PRÉSTAMO!!

Ola peques e familias!! 

Esta semaniña por fin Libria abriu a BIBLIOTECA nos recreos despois dun mes intenso de traballo para preparala e tela a punto!!

 Ademais tamén comezou o servizo de PRÉSTAMO DE LIBROS PARA A CASA!! 

Que ilusión!!

Había ata cola á espera da apertura!!

Foi un éxito total!! 

Mirade, mirade!!




NORABOA E GRAZAS aos voluntari@s que non pararon un minuto de traballar para que tod@s puideramos levar o libriño desexado para a casa!!

Estes títulos foron algúns dos que viaxaron a todas as casiñas!!

Pero isto tamén implica unha RESPONSABILIDADE, hai que recordalo!!

Debemos devolvelo nun prazo de 7 días ou vir á biblio a avisar de que precisamos renovalo unha semana máis. No caso de perda ou deterioro débese aboar, así que hai que coidalos moi ben!!

E, para rematar, tivemos unha SORPRESA!! Alí estaba o LAPIS XIGANTE de Libria co que o curso pasado escribiu a preciosa canción que aínda resoa nas nosas cabeciñas: 

"Dálle ao lapis, Carcamán"!! 

Que bos recordos!! 

Despedímonos recordando 

a sabia frase de Libria: 

"UN DÍA SEN LER 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario