lunes, 24 de abril de 2023

A CANTAR!!

OLA PEQUES E FAMILIAS!!


O pasado venres todo o cole saíu ao patio na hora de lectura para conmemorar o Día do Libro.


A canción, composta por Libria, é o himno que fai honra este ano ao noso proxecto de centro e do que levamos falando estes últimos meses: “DALLE AO LAPIS, CARCAMÁN!!”


Aquí deixamos unha proba gráfica do ben que o fixemos...💃







E...falando de canción, comeza outro novo reto!!


Esta vez todo o alumnado do cole terá que ilustrar cada verso ou o retrouso que compón  a nosa canción.


Para que a cada curso lle fose máis fácil entender as normas, Libria mandou unha carta personalizada a cada grupo.


Esperamos poder colgar moi pronto o resultado😁










Libria ten ben merecida esa onda que lle dedicaron algún nenos e nenas do cole😍




E recordade que..."UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"


APERTIÑAS LECTORAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario