lunes, 20 de enero de 2014

OS PEQUECHOS VISITAN A LIBRIA

Os nenos e nenas de tres anos viñeron hoxe pola biblioteca para visitar a Libria e , de paso, recoller as bolsas coas que levaran  libros emprestados para casa.

Semella que á nosa mascota  gustoulle a visita e que o pasaron moi ben. Mirade como chiscan o ollo e poñen a boca como Libria.


Pero tamén houbo tempo para a lectura...
E para compartir a nosa experiencia lectora cos amigos.
Mirade que concentrados están todos.
Lucas estivo moi concentrado no seu libro. Semella que acertou escollendo.
Pero chegou a hora da despedida. Ata outro día Libria!
E mirade que sorpresa. Cando marchamos atopamos no patio co camión dos bombeiros. Que sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario