Durante estas semanas Libria e o seu equipo estiveron poñendo todo a punto para... A GRAN APERTURA DA BIBLIOTECA O PRÓXIMO LUNS DÍA 29 DE SETEMBRO!!
POR FIN!! Estabámolo desexando!!
Todas/os temos moitas ganas!! Pero antes diso tocaban as XORNADAS DE BENVIDA!!
Nelas Libria recibe ao novo alumnado do centro para ensinarlle a biblio e contarlle toooooodo o que poden facer alí!! O primeiro día recibiu ao alumnado de Educación Infantil!!
Alucinaron ao ver a Libria, algúns por primeira vez e outros viviron un gran reencontro!!
As cariñas de ilusión
e apertas o dixeron todo!!
Despois de ver á mascota da biblio os/as peques só tiñan unha petición... descubrir os LIBROS que os rodeaban!!
Libria ao despedirse tiña preparados dous agasalliños para elas e eles!!
Ao seguinte día tocoulle a quenda aos peques de 1º de primaria que se estrean no "cole dos maiores", como eles e elas din!!
Viñan cargadiños de ilusión!!
Neste caso Libria explicoulles o mesmo, ademais do servizo de PRÉSTAMO LECTOR DOS RECREOS!!
E ata lles ensinou a planta de abaixo á que poderán acceder tamén!!
Libria preparou uns agasalliños para os peques que a encheron de apertas e agarimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario