25 octubre 2026

Día das bibliotecas escolares!!

 Ola peques e familias!!
O 24 de outubro conmemórase o DÍA DAS NOSAS BIBLIOTECAS!! No noso cole é un recunchiño moi especial a onde o alumnado sempre quere volver e iso é  a maior motivación para seguir traballando e introducindo novidades!! Aquí teñen un lugar seguro e tranquilo onde a lectura lles traslada a vivir aventuras, aprender e disfrutar!! 
Pero tamén poden desenvolver a súa creatividade, a lóxica e o razoamento cos xogos ou a competencia dixital, entre outras moitas cousas!! A convivencia entre peques de diferentes idades que se axudan, se complementan e se divirten xuntos/as é outra marabilla da nosa biblioteca! Ademais, de que é preciosa e está moi actualizada, ben equipada e ten á mellor mascota do mundo mundial, a nosa Libria!!  Que afortunados/as somos!! 
Pero hoxe pode ser un bo día para visibilizar tamén un pouquiño do traballo que hai detrás. Horas e horas invisibles do equipo de biblioteca e dos/as voluntarios/as de sexto que cando comezan a colaborar se sorprenden!! 
É moi chulo escoitar os seus comentarios a este respecto e a súa disposición por axudar e facer todo máis sinxelo!! 
A biblio ofrece actividades que requiren moita preparación, como as que ofrecemos na planta de abaixo coa súa xestión de pases, comprobación de que os materiais estén a punto (afiar, repoñer cores gastadas, ordear lapiceiros...) e moito máis!! 
Pero tamén a posta a punto das mochilas ou maletíns viaxeiros antes de chegar ás aulas e as casas ou libro por libro dos espectáculos!!
Ou a decoración de espazos para sorprender e motivar!! E a selección de contos relacionados con cada momento ou conmemoración!!
A xestión do voluntariado tamén require de moitas reunións, reorganizacións e xestións!! Pero a verdade que é unha das actividades que máis merece a pena por todo!! 
Aínda que a maioría das horas se invirten na xestión dos fondos. Realízanse expurgos necesarios cada pouco, baixas, actualizacións, valoración de novidades interesantes coa súa correspondente catalogación e pegado de códigos... 
A parte estética tamén é importante e estamos pendentes dela día a día pero a grande reforma tivo lugar fai uns aniños cando, chegado o COVID, decidimos darlle unha gran volta!! Recordemos un pouquiño... 

Reorganizar, pintar, expurgar, medir, colocar... moitas horas que foron traducíndose en pequenos cambios e desembocaron nunha grande inauguración e que hoxe se ven reflexadas nun estupendo resultado!! 
GRAZAS a todas e cada unha das persoas que formastes e formades parte do EQUIPO DE BIBLIOTECA e a todas aquelas que doutras maneiras sempre estades dispostas a axudar!! 
VIVA A BIBLIOTECA DO CEIP TORRE ILLA!!
 Apertiñas lectoras!!

1 comentario: