27 abril 2018
05 abril 2018
XIX SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: "MULLERES DE CONTO"
Do 6 ao 29 de abril volve o "Salón do Libro de Pontevedra". O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela pretendemos render merecida homenaxe a ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX. Para máis información preme no seguinte enlace:
04 abril 2018
ELABORANDO O GUIÓN GRÁFICO
O alumnado de segundo de primaria xa ten o guión gráfico ou story board para a elaboración do seu bibliotráiler ou booktrailer. Logo de ver como son os bibliotráilers doutros libros puxéronse mans á obra. Estamos desexando velo!!!
12 marzo 2018
UN DESFILE DE PELÍCULA
O entroido do colexio encheu de cor, unha vez máis, as rúas da Illa de Arousa. O proxecto deste ano inspirou o tema, e servíu para afondar un pouco máis no mundo do cine.
18 diciembre 2017
31 octubre 2017
PROXECTO CINE E EMOCIÓN
Este curso continuaremos afondando nas emocións, e desta volta o faremos da man do cine. O curso pasado iniciamos co proxecto "Emocionarte" un percorrido polas emocións e a arte, que agora poderemos continuar da man do cine. O cine será o instrumento pedagóxico que guiará a investigación arredor das relacións interpersoais, os conflictos, as paixóns e as emocións, ó mesmo tempo que desenvolvemos os contidos propios das diferentes áreas.
16 octubre 2017
OS LIBROS LIBERADOS VOLTAN Á BIBLIOTECA
Os libros liberados pola Illa de Arousa no Bookcrossing do curso pasado comezan a chegar de volta á biblioteca do cole. Deixan atrás aventuras e viaxes pola localidade, e xa están dispostos a pasar o inverno na biblioteca.
Nos diarios da viaxe que realizaron comprobamos que fixeron un longo percorrido. Nestas aventuras, un dos libros atopouse con Adrián e Jorge, dous nenos de Valverde del Fresno, na provincia de Cáceres, que nos deixaron esta nota. Alegrámonos de que vos gustase a iniciativa, e que todos os que atopáchedes un "libro libre" gozárades coa lectura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


