26 enero 2014

AXUDANTES SEMANAIS

A cousa xa vai rodada e pouco a pouco imos collendo novas responsabilidades. O que máis nos gusta é facer o servizo de préstamos e devolucións...
Esta semana os encargados foron Genma Oubiña (6ºB), Iago Galiñanes (3ºA) e Jenifer Otero (5ºB).
 
 

 

20 enero 2014

OS PEQUECHOS VISITAN A LIBRIA

Os nenos e nenas de tres anos viñeron hoxe pola biblioteca para visitar a Libria e , de paso, recoller as bolsas coas que levaran  libros emprestados para casa.

Semella que á nosa mascota  gustoulle a visita e que o pasaron moi ben. Mirade como chiscan o ollo e poñen a boca como Libria.


Pero tamén houbo tempo para a lectura...
E para compartir a nosa experiencia lectora cos amigos.
Mirade que concentrados están todos.
Lucas estivo moi concentrado no seu libro. Semella que acertou escollendo.
Pero chegou a hora da despedida. Ata outro día Libria!
E mirade que sorpresa. Cando marchamos atopamos no patio co camión dos bombeiros. Que sorte!

19 enero 2014

Axudantes de Libria

Xa sabemos que andabades ansiosos/as por coñecer os axudantes destas semanas pasadas. Non nos esquecemos deles. Rematamos o ano con Aarón Llamazares e Marta Maestú de 3º B; Rodrigo Padín e Aarón Toledano de 4º B.
E comezamos o 2014 con Rubén Poza e Paula Pérez de 3ºC e Fernando Cores e Lúa Dios de 3º A.
 
Mirade que guapos!!!
 



 
 

15 diciembre 2013

Axudantes

Xa rematando a semana non nos esquecemos das axudantes. Presentámosvos a Irina Otero e Lucía Vázquez de 5º B e a Alba Charlín e Karla Cores de 5ºA. Gracias rapazas  polo voso traballo.
 

 

09 diciembre 2013

POR QUÉ LER?

POR SI FALTABAN MOTIVOS PARA LER,  OLLADE ESTE VIDEO FEITO POR UN ALUMNO DO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES, DE LUGO.

06 diciembre 2013

Axudantes

        Esta primeira semana de Decembro, as axudantes da biblioteca foron Irina Dios e Nerea Dacosta de 3ºA e Melina Suárez e Laura Pena de 6ºB. Queredes coñecelas?
 

 

01 diciembre 2013

Axundantes

Aquí vos deixamos as fotos dos axudantes de esta semana. Esta vez foron Daniel Torres e Iago Bello de 4ºB e Ramón Prieto e Uriel Vázquez de 3ºC.
 
Veña animádevos!!!