Os nenos e nenas de tres anos viñeron hoxe pola biblioteca para visitar a Libria e , de paso, recoller as bolsas coas que levaran libros emprestados para casa.
Semella que á nosa mascota gustoulle a visita e que o pasaron moi ben. Mirade como chiscan o ollo e poñen a boca como Libria.
Pero tamén houbo tempo para a lectura...
E para compartir a nosa experiencia lectora cos amigos.
Mirade que concentrados están todos.
Lucas estivo moi concentrado no seu libro. Semella que acertou escollendo.
Pero chegou a hora da despedida. Ata outro día Libria!
E mirade que sorpresa. Cando marchamos atopamos no patio co camión dos bombeiros. Que sorte!
Xa sabemos que andabades ansiosos/as por coñecer os axudantes destas semanas pasadas. Non nos esquecemos deles. Rematamos o ano con Aarón Llamazares e Marta Maestú de 3º B; Rodrigo Padín e Aarón Toledano de 4º B.
E comezamos o 2014 con Rubén Poza e Paula Pérez de 3ºC e Fernando Cores e Lúa Dios de 3º A.
Xa rematando a semana non nos esquecemos das axudantes. Presentámosvos a Irina Otero e Lucía Vázquez de 5º B e a Alba Charlín e Karla Cores de 5ºA. Gracias rapazas polo voso traballo.
Esta primeira semana de Decembro, as axudantes da biblioteca foron Irina Dios e Nerea Dacosta de 3ºA e Melina Suárez e Laura Pena de 6ºB. Queredes coñecelas?