11 diciembre 2025

Recomendacións lectoras para o Nadal!!


Ola peques e familias!!
A biblio xa luce decorada e iluminada de Nadal!! Este curso con varias novidades!! 

A que máis ilusión nos fai foi unha doazón dunha marabillosa familia!! E feita por eles/as!! Mil grazas!!

Aínda que a visitiña dunha elfa e un elfo lectores tamén nos gustou moito!!

E como cada curso nestas datas Libria comparte con vós as recomendacións lectoras de Nadal 
para que os peques poidan incluír 
algún libro nas súas cartas.
Faríana moi feliz!! Atoparedes libros relacionados con estas datas, co proxecto "viaxe arredor do mundo" e moitas cousiñas máis!! Podedes consultalas clicando na seguinte imaxe:

Recordade que...
"Un día sen ler, 
é un día perdido".

Apertiñas lectoras!!

1 comentario: