jueves, 24 de julio de 2025

Fin de curso!!

Ola peques e familias!! 

Chegou o fin de curso e as últimas semanas  foron moi intensas e emotivas!! Na despedida do curso adoitamos centrar moito a nosa atención no alumnado de sexto, que foi moi importante para o funcionamento da nosa biblio e ao que ademais toca despedir!!

Para comezar, como todos os cursos, reunimos aos VOLUNTARI@S DE SEXTO que colaboraron e fixeron un gran traballo na biblio para darlles un detalliño!! Ademais, ía cunha mensaxe moi especial!! 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA, DISPOSICIÓN E ILUSIÓN SEMPRE!!
 Desexamos que continuedes colaborando coa biblio do insti e que teñades moita sorte nesta nova etapa!!
Continuando desta vez con todo o alumnado de sexto, tamén preparamos a visita á BIBLIO DO IES onde os recibiron @s antig@s alumn@s do noso centro!! 
Ademais, preparamos para o DÍA DA SÚA GRADUACIÓN o xa tradicional PHOTOCALL, onde poden facerse unhas fotos moi chulas de recordo coas súas familias e mestr@s!!

 Parece que realmente lles gustou moito!! Alegrámonos!! Aquí vos deixamos algunha foto que nos chegou!! 
 Aquí o vídeo:
E así despedimos o curso coa intención de cargar pilas para que o seguinte chegue cargadiño de actividades e sorpresas!! Algunhas xa en proceso...
E recordade que en verán tamén... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"!! 
Para iso Libria quere axudarvos a escoller ben coas RECOMENDACIÓNS LECTORAS 
da entrada anterior!! 
Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario