Ola peques e familias!! Como vos adiantamos na entrada anterior, en quinto de primaria levamos unhas semanas lendo o libro "A FOLLA AZUL" da escritora Andrea Maceiras.
O libro conta unha historia impresionante que nos encantou e nos inspirou a facer CARTEIS de motivación á lectura do mesmo!!
Días máis tarde, Libria comunicounos unha GRAN SORPRESA!!! A autora viría a visitarnos!! Un curso máis, volviamos a abrir as portas da biblio para recibila cos brazos abertos! Non tardamos nada en poñernos de novo mans á obra na elaboración de CARTEIS para anunciar a súa visita!!
Tamén lle preparamos un agasallo conxunto das dúas aulas precioso!! Aquí unha mostra!!
E o día chegou!! Estabamos emocionadísimos/as!!
No encontro contounos en que se inspirou para escribir esta preciosa historia e respondeu a todas as nosas preguntas!!
Ademais asinou todos os libros cun precioso cuño, unha adicatoria e a súa sinatura!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario