sábado, 22 de marzo de 2025

Carta de Libria con SORPRESÓN!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana por fin Libria e os seus carteiros/as nos visitaron para desvelarnos o GRAN SORPRESÓN que levan tempo preparando!! Para despedir este trimestre Libria decidiu adiantar unha das actividades da SEMANA DO LIBRO!!

Encantounos o que nos veu a contar pero a súa visita xa é algo especial!! 

Mirade algún dos recibimentos!!

 Mirade os diferentes momentos que se crearon nalgunhas aulas de Educación Infantil e primaria que nos fixeron chegar fotiños e vídeos preciosos!! 

Aquí vos deixamos a CARTIÑA que chegou a todas as aulas anunciando un ESPECTÁCULO DE TÍTERES e o libro no que se basea de agasallo para todo o alumnado do cole!! 

Tamén os paquetiños cheos de libros para cada peque!! 

E o CARTEL que o di todo!! 

Moitas grazas de antemán á Editorial Galaxia pola súa boa disposición sempre, ao autor Carlos Labraña que accedeu a unha sorpresiña máis o propio día do espectáculo, ao grupo Tanxarina e ao Concello da Illa de Arousa pola súa colaboración e implicación dende a proposta!! Grande TRABALLO EN EQUIPO por e para as/os nosas/os peques!! 

E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO".  

Por iso nalgunhas aulas... non puideron esperar para comezar co encargo de Libria e xa están lendo o libriño que lles agasallou!! 

Apertiñas lectoras!!

1 comentario:

  1. Ola, que gran traballo fai o equipo da biblioteca. Noraboa por estos proxectos e por inculcar a lectura nos nosos peques. Un saúdo lector. Carolina.📖📖

    ResponderEliminar