viernes, 5 de octubre de 2018

VISITA DE LIBRIA

A semana pasada o alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo de primaria recibiron unha visita sorpresa.
Libria, a mascota da biblioteca, pasou a saudar e a repartir os carnets da biblioteca para que todo o alumnado poida levar prestado libros, dvd, música...

Libria quedou encantada coa benvida e os agarimos recibidos e prometeu voltar pronto.
Estade atentos se escoitades cascabeis polos corredores do colexio, porque pode ser ela.
E xa sabedes que sempre a podedes atopar na biblioteca. Ata pronto!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario