A semana do libro tivemos moitas actividades: intercambios de lectores entre as aulas, os profes leron para o alumnado durante os recreos e ....
Sorpresa!
Na biblioteca apareceu unconto xigante
23 mayo 2013
03 mayo 2013
A VISITA DE FINA CASALDERREY
Hai uns días tivemos a sorte de contar coa visita de Fina Casalderrey, á que quixemos felicitar polo seu recente nomeamento como membro da Real Academia Galega.
Fina contounos moitas cousas interesantes e falonos dos seus libros, moi coñecidos por todos nós.08 marzo 2013
SALÓN DO LIBRO INFANTIL DE PONTEVEDRA
As máquinas inventáronse para solucionar grandes retos: un guindastre ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son unha bicicleta, os foguetes espaciais ou un simple coitelo, ou un ordenador, as escaleiras mecánicas… todos eles son máquinas e teñen en común unha cousa: son inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.
A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos. Por exemplo: unha máquina para pintar, unha máquina para escribir contos, outra para facer chicles, unha máquina para facer cóxegas, unha máquina para volverse invisible, etc.O ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de música… invitámosvos pois a maquinar sobre as máquinas.Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construír… proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra
25 febrero 2013
O DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, data conmemorativa do seu nacemento. Este ano festexamos o 176 aniversario da poetisa, ecoincide coa conmemoración do 150 aniversario do seu libro "Cantares Gallegos". Estes son algúns dos libros que recollen a obra de Rosalía de Castro adaptada para os nenos e nenas.
E seguide este enlace se queredes saber máis cousas da poetisa:
04 febrero 2013
NOITE NA BIBLIOTECA
A biblioteca municipal organizou un ano máis a "Lectura Nocturna", unha velada para compartir lecturas, libros e diversión.
Esta vez a cita nocturna coa lectura celebrouse no auditorio da localidade e ampliáronse as prazas de 25 a 40.
A aventura comenzou as 21:30 e rematou cun bo almorzo ás 10:30. A actividade foi, coma todos os anos, un éxito, e os nenos e nenas marcharon encantados coa experiencia, e desexando que se repita pronto.
01 febrero 2013
LIBRO ELECTRÓNICO
O libro electrónico da biblioteca conta xa con novos títulos! Xa sabedes que para utilizalo só tendes que pedilo ós mestres da biblioteca, e eles vos dirán si está dispoñible e como debedes facer bo uso del. Lembrade pedilo co voso carnet da biblioteca!
30 enero 2013
CONCURSO DA CABALGATA DE REIS
Antía Leiro Dacosta foi a gañadora do concurso para a elaboración do cartel da cabalgata de Reis 2013 do concello da Illa de Arousa. Noraboa!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












