11 noviembre 2020
26 octubre 2020
CHEGARON AS ESPERADAS VISITAS DE LIBRIA!!!
Co gallo do
DÍA DAS BIBLIOTECAS
poñemos en marcha a nosa biblio
coa visita da nosa querida LIBRIA
ás aulas do cole!!


Os alumnos e alumnas novos
estiveron encantados de coñecela
e de que lles entregase
os CARNÉS DA BIBLIOTECA,
coa axuda da profe Vanesa.
Saudárona con moita ilusión,
iso si, cumprindo moi ben as medidas de seguridade.
Libria tamén, claro!!
Como este ano aínda non podemos
ir á biblioteca todos xuntos,
Libria levoulles un agasallo para as súas aulas:
dúas caixas repletiñas de contos!!
E coa axuda da profe Susa,
todos e todas coñeceron ou recordaron
as normas para usar eses libros,
e tamén as da biblioteca do cole.
Moitas grazas, Libria!!
Estamos desexando escoitar de novo
o teu alegre tintineo.
Porque xa sabes que ...
... aínda che faltan algunhas clases por visitar!!
Ata pronto!!!
25 junio 2020
05 junio 2020
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020
Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemoralo, achegamos unhas propostas que de seguro axudarán a concienciarnos máis sobre a necesidade de coidalo.
A autora Olga de Dios distribúe gratuítamente a súa obra Rana de tres ojos, adicado a todas as persoas que cada día traballan para coidar o medio ambiente.
E Tamén podedes ver e cantar a canción do conto.
O concello da Illa de Arousa achega unha proposta da man de Pepo, a mascota da reciclaxe e do medio ambiente, coa que poderás dar un paseo pola localidade.
E cubrir, se non o fixéchedes xa, a enquisa sobre a enerxía.
E a revista O Papagaio tamén ten para estes días novidades relacionadas co medio ambiente, non deixedes de visitala!
16 mayo 2020
REVISTA CARCAMÁN 2020
Bo día Das Letras Galegas!!!
13 mayo 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Achégase o día grande das Letras Galegas. E para celebralo queremos compartir algúns recursos que axudarán a coñecer mellor ao homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Poderes seguir as ligazóns e ver o conto de "As pitas baixo a choiva"
Os Bolechas e a Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero
As pitas baixo a choiva
Bo Día das Letras Galegas!!!!
02 mayo 2020
DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O día 2 de maio conmemoramos o "Día Internacional Contra o Acoso Escolar". A protección da infancia fai necesaria a concienciación e a implicación da familia, e de toda a comunidade educativa. Esta escolma pode ser unha ferramenta útil para superar estas conductas, e fomentar o benestar de todo o alumnado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































