22 marzo 2019

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Entre o 11 e o 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa na Escola. Unha iniciativa marcada no calendario escolar que fai da prensa un elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico do alumnado.

A biblioteca do cole encheuse de actividades, xornais (nacionais e internacionais) e revistas para o traballo nas aulas e durante os recreos.

 Uns carteiros moi especiais percorreron as aulas deixando lotes de revistas e xornais para as "Horas de Ler" e as diferentes actividades dos cursos.

 E tamén comezamos co préstamo de revistas. Busca aquelas que están sinaladas cun punto verde e poderás levalas un tempo para a casa.

26 febrero 2019

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de todos os niveis traballou arredor da autora.
E logo saíron pola Illa de Arousa deixando poemas de Rosalía por moitos lugares diferentes: A Galiña Azul, o concello, tendas, ambulatorio...
 A escolma do equipo de biblioteca axudou a desenvolver as tarefas, e podedes vela na biblioteca.
E como este curso estamos coñecendo máis da ilustración, temos no corredor principal a exposición "Ilustrando a Rosalía". Non deixedes de visitala!

08 febrero 2019

REPARTO DE AGASALLOS EN INFANTIL

 A Libria gústalle moito visitar ás nenas e nenos de Educación Infantil.
 Sempre recibe unhas benvidas moi agarimosas.
 Desta volta foi compartir con eles os agasallos que os Reis Magos trouxeron este nadal.
 Xuntos puideron abrir os agasallos.
 E gozaron cos libros que trouxeron.
 E que estarán na biblioteca do cole.
 E nas bibliotecas das aulas.
 Tamén deixaron unhas bolsas novas para facer préstamo.
Seguro que Libria non tarda en voltar.

25 enero 2019

HORA DE LER COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL


ÉRASE UNHA VEZ... Así comeza a nosa aventura de oír, de escoitar, de mirar, de gozar coa palabra... Con ela pretendemos achegar ós nenos e nenas á literatura dun xeito lúdico e divertido. Con ela queremos que os cativos/as descubran o goce que produce a lectura e a escoita de contos. Estes, ademais de conectar cos seus propios soños e fantasías, farán que medreo seu vocabulario, que aprendan valores, e se acheguen de xeito divertido á escritura.

Tamén aprenderán a coidar os libros e a respectar a data de devolución, para non impedir a rotación dos contos entre todas as familias. Os contos irán para as casas os xoves e volverán os luns e poderán facer o debuxo e escribir o título no caderno que vai nas bolsas de préstamo.

24 diciembre 2018

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Deixamos as recomendacións de lectura para ler e agasallar este nadal. Agardamos que vos guste a escolma do equipo de biblioteca para este ano.

10 diciembre 2018

SAMAÍN NA BIBLIOTECA


 O samaín chegou cargado de actividades á biblioteca do cole.
O alumnado de sexto de Primaria preparou contos de medo, que contaron a todo o alumnado durante as"Horas de Ler"

 Tivemos visitas inesperadas.
 E mesmo Libria animouse a ler un conto.
 Pero o máis terrorífico foi..... O túnel do terror!!!!!!
 Arrepiante!!!!!!

03 diciembre 2018

DÍA DA BIBLIOTECA


Este ano festexamos o "Día Internacional da biblioteca" visitando a biblio do cole. Libria agardaba con moitas sorpresas.
 Os maiores prepararon sesións de contacontos.
 Lembramos as normas e eleximos a nosa lectura.

Pasámolo xenial!!!!