Ola peques e familias!!
Nesta entrada imos presentar por fin o proxecto sobre o que traballaremos este curso titulado: "CARCAMÁNS POLO MUNDO"!! Nel descubriremos e aprenderemos moitas cousas sobre diferentes países, dende a súa alimentación, pasando polas bandeiras, tradicións...
Pero para emprender a viaxe debemos comezar por coñecer o noso, o da nosa terra...por exemplo, O XÉNERO DAS REGUEIFAS!! Por iso Libria e o seu equipo, en colaboración co concello e os voluntarios/as de sexto levan uns días argallando unha sorpresa!! Os carteis tan chulos que fixeron os axudantes de sexto poden darvos unha pista!!

Hoxe tivemos un OBRADOIRO para o alumnado dende 3º ata 6º de primaria do método REGUEIFEIRO da grandísima Lupe Blanco que así comezou... REGUEIFANDO!!
Despois, ensinounos todo sobre as REGUEIFAS tamén...REGUEIFANDO por suposto!!




Tamén trouxo esta información tan valiosa para o noso proxecto!!

E, a continuación, ensinounos a crear nós mesmos/as regueifas e saíron moitas ben simpáticas!! Ata nos animamos a cantalas!!


Foi unha xornada xenial na que aprendemos un montón divertíndonos!! Moitas grazas Lupe!! E Libria aínda garda máis SORPRESAS, estade atentiños/as!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER E SEN REGUEIFAR,
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!