29 octubre 2025
Chegou o Samaín á biblio!!
Esta semana ao entrar na biblio os/as peques atopáronse cunha sorpresa ben terrorífica!!
24 octubre 2025
Día das Bibliotecas Escolares!!
Ola peques e familias!! O día 24 de outubro conmemórase este gran día para as bibliotecas!! Este ano cun lema ben importante:Como todos os cursos, Libria aproveita esta celebración para poñer en marcha unha das actividades estrela... "OS APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES"!!
As/os carteiras/os da biblio visitáronnos para entregarnos unha carta na que nos presentan esta actividade tan chula!!
Sempre nos encanta baixar á biblioteca a descubrir cal será a aula coa que compartiremos moitas AVENTURAS LECTORAS!! Ensinámosvos a primeira xuntanza de presentación!!
Pero pronto haberá máis momentos compartidos que deixarán máis preciosas imaxes!!
E recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
16 octubre 2025
Paula Carballeira visita o noso cole!!
Ola peques e familias!!
Pechando estes días de sesións de CONTACONTOS non se nos ocorre mellor remate que coa visita da marabillosa ESCRITORA, ACTRIZ E CONTACONTOS...
PAULA CARBALLEIRA!!
Os compañeiros/as de sexto voluntarios/as da biblioteca deseñaron estes carteis fai unhas semaniñas para anunciar esta actividade onde podedes coñecer todos os datos da mesma!!








Así que chegado o gran día recibímola moi emocionados/as!!


Ela é amante dos contos por iso os prepara con moito agarimo con varios rituais!!
Tivemos contos de paxaros, bruxas e outras personaxes moi encamiñados á preparación do Samaín!! E viaxamos a outros lugares como África!! Rímonos moitísimo, participamos durante toda a actividade activamente e...ata cantamos!!

Pero tamén aprendemos moito, por exemplo, que "NON TODO SE VENDE"!!
Antes de marchar, fixemos con ela unha foto de grupo, asinounos varios libros e o caderno de visitas cunha adicatoria preciosa!!




Pero non podiamos deixala marchar sen que asinara os carteis que o alumnado de sexto fixo con tanta ilusión e que a puideran coñecer!!

Grazas Paula pola túa boa disposición e polo gran contacontos!! Tamén ao Concello da Illa de Arousa, en especial a Manuel, por esta oportunidade!! Estes días nos expositores teremos todos os libros dela!!
Algún xa está camiño dalgunha casiña!!
E sabedes que? Esta actividade saíu na prensa cun dos nosos carteis!! Aquí o enlace!!
NOVA DO XORNAL
E recordade que
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
15 octubre 2025
Un novo contacontos pola igualdade!!
Ola peques e familias!!
Esta semana tivemos a gran sorte de recibir no colexio un CONTACONTOS da man do gran CAXOTO!!
O título era: "Contos vellos, novos finais", no que se mesturaban os contos tradicionais cuns cambios en prol da igualdade nos mesmos xunto con MOOOOOOITO HUMOR e cancións!!
Antes de marchar, deixounos unha adicatoria no CADERNO DE VISITAS da bilioteca!!
Foi unha xornada marabillosa!! Pero isto non remata aquí, xa que mañá o alumnado de 1º e 2º gozará dun novo CONTACONTOS NA BIBLIOTECA coa grandísima PAULA CARBALLEIRA!!
Xa temos todo preparado e estamos moi emocionados/as coa súa visita!!
E ese contacontos xa vai cheirando a Samaín...toca irse preparando!! Grazas á ANPA e ao Concello da Illa de Arousa pola súa grande colaboración para poder contar con actividades tan chulas e interesantes!! E antes de despedirnos recordarvos que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





































