15 diciembre 2013

Axudantes

Xa rematando a semana non nos esquecemos das axudantes. Presentámosvos a Irina Otero e Lucía Vázquez de 5º B e a Alba Charlín e Karla Cores de 5ºA. Gracias rapazas  polo voso traballo.
 

 

09 diciembre 2013

POR QUÉ LER?

POR SI FALTABAN MOTIVOS PARA LER,  OLLADE ESTE VIDEO FEITO POR UN ALUMNO DO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES, DE LUGO.

06 diciembre 2013

Axudantes

        Esta primeira semana de Decembro, as axudantes da biblioteca foron Irina Dios e Nerea Dacosta de 3ºA e Melina Suárez e Laura Pena de 6ºB. Queredes coñecelas?
 

 

01 diciembre 2013

Axundantes

Aquí vos deixamos as fotos dos axudantes de esta semana. Esta vez foron Daniel Torres e Iago Bello de 4ºB e Ramón Prieto e Uriel Vázquez de 3ºC.
 
Veña animádevos!!!
 
 
 

 

23 noviembre 2013

Novidades

       Aquí vos deixamos a foto do noso andel de novidades. Como vedes hai moitos libros novos esperando a ser abertos.  Estade atentos porque iremos "colgando" todas as novas adquisicións. Esperamos que vos gusten...
 
 
 

Axudantes da biblioteca

       Presentámosvos aos  axudantes desta semana. Son Sergio Bello e Ricardo González de 5º A e tamén Candela Panadero e Javier Iglesias de 3º B. Gracias aos catro!!!
 

15 noviembre 2013

As partes dun lector

Hoxe gustaríanos compartir convosco unha imaxe que reflexa moi ben cal é o noso obxectivo na biblioteca do cole. Lograr espertar lectores e lectoras que queiran viaxar no mundo dos libros. Queredes???....

14 noviembre 2013

Salón do libro Infantil e Xuvenil

         Pouco a pouco imos descubrindo novos datos da 15 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
             Xa  coñecíamos o tema central, máis suculento que nunca: “Cociñando Contos” e a súa vinculación ao proxecto europeo “Europa a la carta”
Os seguintes segredos que revelan dende a organización son as datas, do 14 de marzo ao  5 de abril de 2014 e o nome da ilustradora do cartel: Natalia Rey González, alias Pirusca.
      Estade moi atentos porque pronto vos contaremos máis información do salón e das actividades que na biblioteca estamos "cociñando"...
 
 

Benvida Libria !!!

Estiveches hoxe na biblioteca?
Entón foches un dos que se levou unha gran sorpresa cando atopaches a Libria enriba dun andel.
 
Quedamos todos abraiados co feitiña que é. Gracias á mamá de Sergio García de 5º A que nos quixo agasallar coa nosa mascota facéndoa perfecta para poder tocala e contarlle contos. Graciñas mami, eres unha artista!!!
 
 

10 noviembre 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

XA ESTÁN AQUÍ!!!. DESPOIS DE ALGUNHA QUE OUTRA COMPLICACIÓN, AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN PREPARADAS E DISPOSTAS A CIRCULAR CANTO ANTES.
ESCOITAMOS QUE MOITOS ESTADES ANSIOSOS POR LEVALAS PARA A CASA PERO COMO SABEDES  CADA SEMANA TOCARALLE A UN DA CLASE.
 
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A SELECCIÓN DE MATERIAIS E SOBRE TODO QUE AS DISFRUTEDES EN FAMILIA.
 
BOAS LECTURAS!!!!
 
 

NOVOS AXUDANTES

COMO SABEDES, NA BIBLIOTECA TEMOS MOITO TRABALLO E CADA SEMANA PRECISAMOS COLABORADORES QUE NOS QUEIRAN BOTAR UNHA MAN. A PARTIR DE ESTA SEMANA PODEDES APUNTARVOS NA LISTA QUE ATOPAREDES NA VOSA AULA E NO BLOGUE PRESENTAREMOS AOS NOVOS COLABORADORES.
ESTES DÍAS CONTAMOS CON IAGO (3º A) E AINHOA (4ºA).
ANIMÁDEVOS!!!!
 
 
 

BENVIDO CURSO 2013-2014!!!

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS: ALGÚNS XA PREGUNTABADES POR QUE TANTO MOVEMENTO NA BIBLIOTECA ESTAS SEMANAS. ESTIVEMOS QUECENDO MOTORES PARA PRESENTARVOS MOITAS NOVIDADES E ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA.
 
ESTADE PREPARADOS PORQUE EN PRÓXIMOS DÍAS, LIBRIA, A NOSA MASCOTA, PLANEA VISITARNOS!!!!

23 mayo 2013

SEMANA DO LIBRO

A semana do libro tivemos moitas actividades: intercambios de lectores entre as aulas, os profes leron para o alumnado durante os recreos e ....
 Sorpresa!
 Na biblioteca apareceu unconto xigante

03 mayo 2013

A VISITA DE FINA CASALDERREY

Hai uns días tivemos a sorte de contar coa visita de Fina Casalderrey, á que quixemos felicitar polo seu recente nomeamento como membro da Real Academia Galega.
Fina contounos moitas cousas interesantes e falonos dos seus libros, moi coñecidos por todos nós.


Pasamos un rato moi divertido e quedamos entusiasmados de tela no cole. Agardamos que queira voltar  outra vez!!

08 marzo 2013

SALÓN DO LIBRO INFANTIL DE PONTEVEDRA

 As máquinas inventáronse para solucionar grandes retos: un guindastre ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son unha bicicleta, os foguetes espaciais ou un simple coitelo, ou un ordenador, as escaleiras mecánicas… todos eles son máquinas e teñen en común unha cousa: son inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.
A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos. Por exemplo: unha máquina para pintar, unha máquina para escribir contos, outra para facer chicles, unha máquina para facer cóxegas, unha máquina para volverse invisible, etc.O ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de música… invitámosvos pois a maquinar sobre as máquinas.Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construír… proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra

25 febrero 2013

O DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro  é o día de Rosalía de Castro, data conmemorativa do seu nacemento. Este ano festexamos o 176 aniversario da poetisa, ecoincide coa conmemoración do 150 aniversario do seu libro "Cantares Gallegos". Estes son algúns dos libros que recollen a obra de Rosalía de Castro adaptada para os nenos e nenas.


E seguide este enlace se queredes saber máis cousas da poetisa:

04 febrero 2013

NOITE NA BIBLIOTECA


A biblioteca municipal organizou un ano máis a "Lectura Nocturna", unha velada para compartir lecturas, libros e diversión.

Esta vez a cita nocturna coa lectura celebrouse no auditorio da localidade e ampliáronse as prazas de 25 a 40.

A aventura comenzou as 21:30 e rematou cun bo almorzo ás 10:30. A actividade foi, coma todos os anos, un éxito, e os nenos e nenas marcharon encantados coa experiencia, e desexando que se repita pronto. 



01 febrero 2013

LIBRO ELECTRÓNICO

O libro electrónico da biblioteca conta xa con novos títulos! Xa sabedes que para utilizalo só tendes que pedilo ós mestres da biblioteca, e eles vos dirán si está dispoñible e como debedes facer bo uso del. Lembrade pedilo co voso carnet da biblioteca!

30 enero 2013

CONCURSO DA CABALGATA DE REIS

Antía Leiro Dacosta foi a  gañadora do concurso para a elaboración do cartel da cabalgata de Reis 2013 do concello da Illa de Arousa. Noraboa!!!