Esta semana ao entrar na biblio os/as peques atopáronse cunha sorpresa ben terrorífica!! As dúas plantas da biblio atopábanse decoradas desta temática!!
Podías atoparte bichiños por calquera recuncho!! E voluntarios/as disfrazados toda a semana!!
Tamén os estantes principais e as mesas se encheron de libros de SAMAÍN!! E as biblios das aulas!!
Ata houbo contacontos e sesión de lectura a escuras!!
E chegado o gran día foi xenial ver a biblio chea de monstruíños e outros seres terroríficos!! Como triunfan os contos de Samaín!!
Gustame moito ir a biblio en pijama e con linternas , Vega 👻🖤
ResponderEliminar