Por fin chegou a data!! Este venres, se o tempo o permite, todo o alumnado e profesorado do cole acudiremos ao auditorio a disfrutar dun ESPECTÁCULO sobre as LETRAS GALEGAS e, especialmente, sobre a homenaxeada este ano: Begoña Caamaño. Previamente, como xa vos contamos, Libria agasallounos a todos/as cun libro para cada un/unha que recolle un conto con aventuras baseadas na vida e obra da escritora e no cal se inspira o espectáculo. Xa o temos lido e estamos preparados/as para a aventura literaria que nos espera o venres!! Que emocionante foi recorrer as aulas do cole e que todas con diferentes idades vibrasen en torno ao mesmo libro!!
Diferentes formas de ler, de contar, de imaxinar... diferentes actividades en torno a un libro común e á motivación pola lectura!!
Aquí vos deixamos o CARTAZ:
Na seguinte ligazón podedes consultar información sobre ela: SEMINARIO GALÁN Aquí concretamente a súa obra: OBRA BEGOÑA CAAMAÑO Para rematar, toca pedirvos colaboración xa que Libria e o seu equipo tivemos noticias de que Begoña estivo vinculada á Illa de Arousa. Poderiades axudarnos a descubrir máis sobre esta información? Contádenos en comentarios todo o que saibades!! Moitas grazas de antemán!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario