Ola peques e familias!!
Hoxe é un día moi importante!!
É o día da nosa lingua, do GALEGO!!
No cole xa levamos unhas semaniñas profundizando sobre este día!! Comezamos lendo o libriño que nos agasallou Libria titulado: "Bego e o mundo do revés", e acudindo a o seu espectáculo!!
Despois participamos na preciosa actividade MAREA DE PEIXES, na que decoramos uns preciosos peixes e despois escribimos neles a nosa palabra favorita en galego!! Agora atópanse colgados na biblioteca municipal!!
Tamén lemos contos relacionados con este día e coñecemos máis sobre a figura de Begoña Caamaño!! Libria mercou contos moi interesantes!! Realizamos algunha actividade e tivemos a sorte de contar con Sara que foi profe do noso cole e amiga de Begoña Caamaño. Os seus antigos/as alumnos/as realizáronlle unha entrevista ben interesante!!
Aquí queda o enlace!!
Para rematar, tivo lugar a publicación un curso máis da REVISTA CARCAMÁN!! Nos vos perdades detalle!!
E recordade que:
O DÍA DA NOSA LINGUA,
DEBE SER TODOS OS DÍAS!!
Apertiñas galegas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario