Pechando estes días de sesións de CONTACONTOS non se nos ocorre mellor remate que coa visita da marabillosa ESCRITORA, ACTRIZ E CONTACONTOS...
PAULA CARBALLEIRA!!
Os compañeiros/as de sexto voluntarios/as da biblioteca deseñaron estes carteis fai unhas semaniñas para anunciar esta actividade onde podedes coñecer todos os datos da mesma!! Así que chegado o gran día recibímola moi emocionados/as!! Ela é amante dos contos por iso os prepara con moito agarimo con varios rituais!!
Tivemos contos de paxaros, bruxas e outras personaxes moi encamiñados á preparación do Samaín!! E viaxamos a outros lugares como África!! Rímonos moitísimo, participamos durante toda a actividade activamente e...ata cantamos!!
Pero tamén aprendemos moito, por exemplo, que "NON TODO SE VENDE"!!
Antes de marchar, fixemos con ela unha foto de grupo, asinounos varios libros e o caderno de visitas cunha adicatoria preciosa!!
Pero non podiamos deixala marchar sen que asinara os carteis que o alumnado de sexto fixo con tanta ilusión e que a puideran coñecer!! Grazas Paula pola túa boa disposición e polo gran contacontos!! Tamén ao Concello da Illa de Arousa, en especial a Manuel, por esta oportunidade!! Estes días nos expositores teremos todos os libros dela!!
Algún xa está camiño dalgunha casiña!!
E sabedes que? Esta actividade saíu na prensa cun dos nosos carteis!! Aquí o enlace!!
Encantoume esta proposta ,oxala teñamos mais durante o curso,foi moi divertido.
ResponderEliminar