BLOG INFANTIL

jueves, 8 de mayo de 2025

Comeza a formación do voluntariado de quinto!!

Ola peques e familias!! 

A biblio non para neste último trimestre!! A primeira novidade foi que comezou a FORMACIÓN DOS/AS VOLUNTARIOS/AS DE QUINTO como xa eles/as mesmos/as anunciaron fai unhas semaniñas no seu INFORMATIVO.  Nótase que tiñan ganiñas!! 

 RADIO CARCAMÁN

Collerán o relevo o curso que vén aos seus compis de sexto!! Estes últimos son os que, xunto coas mestras, os están formando!! FORMAN UN GRAN EQUIPO!! 

Será un trimestre de convivencia entre as dúas aulas de quinto e, tamén, coas de sexto. É marabilloso velos traballar xuntos/as!! 

E recordade que: 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario