O pasado venres
todo o cole saíu ao patio na hora de lectura para conmemorar o Día do Libro.
A canción,
composta por Libria, é o himno que fai honra este ano ao noso proxecto de
centro e do que levamos falando estes últimos meses: “DALLE AO LAPIS,
CARCAMÁN!!”
Aquí deixamos unha
proba gráfica do ben que o fixemos...💃
E...falando de
canción, comeza outro novo reto!!
Esta vez todo o
alumnado do cole terá que ilustrar cada verso ou o retrouso que compón a nosa canción.
Para que a cada
curso lle fose máis fácil entender as normas, Libria mandou unha carta
personalizada a cada grupo.
Esperamos poder
colgar moi pronto o resultado😁
Libria ten ben
merecida esa onda que lle dedicaron algún nenos e nenas do cole😍
E recordade que..."UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
No hay comentarios:
Publicar un comentario