Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemoralo, achegamos unhas propostas que de seguro axudarán a concienciarnos máis sobre a necesidade de coidalo.
A autora Olga de Dios distribúe gratuítamente a súa obra Rana de tres ojos, adicado a todas as persoas que cada día traballan para coidar o medio ambiente.
E Tamén podedes ver e cantar a canción do conto.
O concello da Illa de Arousa achega unha proposta da man de Pepo, a mascota da reciclaxe e do medio ambiente, coa que poderás dar un paseo pola localidade.
E cubrir, se non o fixéchedes xa, a enquisa sobre a enerxía.
E a revista O Papagaio tamén ten para estes días novidades relacionadas co medio ambiente, non deixedes de visitala!
No hay comentarios:
Publicar un comentario