BLOG INFANTIL

jueves, 19 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA: PUBLICAMOS O TEU POEMA

O 21 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, e que mellor xeito de celebralo que lendo poemas. A Libria encántalle a poesía, así que se queredes podedes enviar as vosas poesías favoritas á dirección de correo da biblio, para que as publiquemos no blog: bibliotecatorreilla@gmail.com
Podedes envialas en formato audio, imaxe ou vídeo (duración máxima 4 minutos). 
Tamén podedes escribir a vosa propia poesía. Para axudarvos pode servir o MANUAL PARA SER POETA, do libro de Fran Alonso "O meu gato é un poeta":

MANUAL PARA SER POETA

-INSTRUCIÓNS-

1) Un bo poeta leva sempre 
  libros na maleta.

2) Cando remates un poema, 
  escribe outro co mesmo tema.

3) Nunca escribas de noite, porque non 
  hai ninguén que te escoite.

4) Mentras escribes, non mexes. 
  É preferible que coa poesía pelexes.

5) Non recites na bicicleta: 
iso cansa moito ao poeta.

6) Ao final o que máis importa é
  Se o que escribes a xente soporta




No hay comentarios:

Publicar un comentario