Pouco a pouco imos descubrindo novos datos da 15 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Xa coñecíamos o tema central, máis suculento que nunca: “Cociñando Contos” e a súa vinculación ao proxecto europeo “Europa a la carta”
Os seguintes segredos que revelan dende a organización son as datas, do 14 de marzo ao 5 de abril de 2014 e o nome da ilustradora do cartel: Natalia Rey González, alias Pirusca.
Estade moi atentos porque pronto vos contaremos máis información do salón e das actividades que na biblioteca estamos "cociñando"...
No hay comentarios:
Publicar un comentario