Esta semana xuntáronse moitas emocións para os nenos e nenas de quinto de primaria!! Levan semanas disfrutando da lectura dun libro que lles encantou!! Trátase de: "A FOLLA AZUL" da autora ANDREA MACEIRAS.
Pero a gran nova estaba por chegar e por fin podemos contala!! Libria anuncioulles que terán un encontro coa autora o próximo MARTES DÍA 1 DE ABRIL!! Poderán escoitar a historia na que se basea o libro, ter un momento de conversa e preguntas e a sorte de que ela mesma lles asine o libro!! Vaia mañá de emocións lles espera!!
Pero tamén... á autora!! Xa que vai a alucinar cos carteis que as nenas e nenos realizaron para anunciar a súa visita e motivar á lectura do seu libro!! Aquí os primeiros recén saídos do forno que xa locen nas paredes do cole!!
Prontiño vos poderemos mostrar todos!! A emoción é tan grande que hoxe incluíron a nova no seu informativo semanal!! Escoitade a estes expertos/as locutores/as!!
Ademais, tiveron outra SORPRESIÑA!! Libria xa anda na busca de VOLUNTARIOS/AS para realizar a formación no terceiro trimestre!! A gran maioría xa se anotaron!! Non podemos ter mellor nova para rematar a semana!! Seguiremos informando!!
Esta semana por fin Libria e os seus carteiros/as nos visitaron para desvelarnos o GRAN SORPRESÓN que levan tempo preparando!! Para despedir este trimestre Libria decidiu adiantar unha das actividades da SEMANA DO LIBRO!!
Encantounos o que nos veu a contar pero a súa visita xa é algo especial!!
Mirade algún dos recibimentos!!
Mirade os diferentes momentos que se crearon nalgunhas aulas de Educación Infantil e primaria que nos fixeron chegar fotiños e vídeos preciosos!!
Aquí vos deixamos a CARTIÑA que chegou a todas as aulas anunciando un ESPECTÁCULO DE TÍTERES e o libro no que se basea de agasallo para todo o alumnado do cole!!
Tamén os paquetiños cheos de libros para cada peque!!
E o CARTEL que o di todo!!
Moitas grazas de antemán á Editorial Galaxia pola súa boa disposición sempre, ao autor Carlos Labraña que accedeu a unha sorpresiña máis o propio día do espectáculo, ao grupo Tanxarina e ao Concello da Illa de Arousa pola súa colaboración e implicación dende a proposta!! Grande TRABALLO EN EQUIPO por e para as/os nosas/os peques!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Por iso nalgunhas aulas... non puideron esperar para comezar co encargo de Libria e xa están lendo o libriño que lles agasallou!!
A biblio continúa con moita actividade todas as mañás!! Especialmente no recreo prodúcese unha reunión preciosa de peques con diferentes motivacións!! E todas marabillosas!!
Encántamos ver esas cariñas cheas de sorrisos!! Pero ademais... Libria, o seu equipo de voluntarios/as de sexto e mestras coa colaboración do concello levan unha temporada preparando unha SORPRESIÑA para todo o cole!!
Xa está todo preparado... nuns días descubrirémola!! Que será, será?? Admítense apostas nos comentarios!!
Así comeza a CARTA que pronto recibirán todas as aulas!!
Ola peques e familias!! No cole non paramos de celebrar e conmemorar días importantes!! O mes pasado tocoulle á gran ROSALÍA DE CASTRO!!
Dende Educación Infantil en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega chegounos a proposta dunha fermosa actividade!! Creamos un libriño sobre esta gran muller cun marcapáxinas coa FLOR DO PENSAMENTO!!
Despois tocou intercambialos con algún compañeiro/a!! Foi un día precioso!!
Dende a biblioteca, ademais, sempre ofrecemos escolmas de libros relacionados coas conmemoracións!! Continuamos este mes co 8M: DÍA DA MULLER. Neste caso temos un recuncho no que os libros sobre este tema están moi presentes!!
Recollemos aquí algunhas das actividades relacionadas con esta conmemoración!! Unha delas a podedes escoitar no seguinte enlace a RADIO CARCAMÁN: un magnífico programa sobre este tema: CONMEMORACIÓN 8M NA RADIO Tamén unha parte da escolma que se realizou na biblioteca!!
Incluímos estas dúas novidades recén chegadas!! Esta última foi unha homenaxe á historia que nos contou Maricarmen, a avoa de Enma de 2ºA. Brava, valente e "atrevida", como ela mesma di!!
Por hoxe despedímonos con moito máis que contarvos en próximas entradas!! E recordándovos que: "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO". Apertiñas lectoras!!