Ola peques e familias!!
Despois de moitos nervios e ilusión pola apertura da renovada planta de abaixo da biblio Libria e tod@s @s mestr@s están alucinad@s coa acollida!! Nestes días de novidade @s voluntari@s están sendo unha peza clave para a boa organización e a axuda aos nenos e nenas que acoden a gozar dun ratiño lúdico!! Primeiro encárganse de entregar os PASES DE LIBRIA na porta!!
Despois informan das diferentes opcións do espazo: xogos de mesa e lóxica, tics, arte, diferentes pizarras...
E tamén recordan as normas para manter un ambiente tranquilo, limpo e ordeado...todo o mundo colabora de marabilla!!
Non podemos olvidarnos da estupenda función que continúan realizando no servizo de préstamos e devolucións que non para un minuto!!
E todo isto terroríficamente ataviad@s de Samaín como todo o espazo da biblio!!
E rematamos cunha IMAXE QUE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS!!
E recordando que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!