Ola peques e familias!!
Un curso máis Libria puxo en marcha xa o trimestre pasado a TRADICIONAL actividade dos APADRIÑAMENTOS LECTORES!! @s CARTEIR@S da biblioteca visitaron todas as aulas repartindo a cartiña que os anunciaba!!
Sempre nos encanta baixar á biblioteca a descubrir cal será a aula coa que compartiremos moitas AVENTURAS LECTORAS!!

Ensinámosvos algunhas das xuntanzas de presentación das que Libria recibiu fotiños!!
Pero xa houbo máis momentos compartidos que están deixando preciosas imaxes!! Aquí tedes algunha delas!!
E recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Ola son Enma de 2ºA e encántame ser a madriña lectora de Lola.📖📔
ResponderEliminarQue ben o pasan os nosos cativos na biblioteca!!! Sempre teñen sorpresas e actividades!!! A mamá de Valentina
ResponderEliminarOla son Hugo encántame ser o padriño lector de Martín. Un saúdo
ResponderEliminarhola son icia encantoume ser a madriña lectora de Lola
ResponderEliminarOla son Martín! Gustoume moito ler con Xiana e Alba.🥰🤩😍♥️💫💝💖🫶
ResponderEliminarOla so Mía e encantoume esa actividades tan guachi asta logo Mía
ResponderEliminar