BLOG INFANTIL

miércoles, 27 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

 Queridos nenos, nenas e familias:

Chega o Nadal e dende a biblio do cole,

como todos os anos, queremos

compartir con vós algunhas

recomendacións lectoras que de seguro

poden facer as delicias de peques e maiores 

nas próximas vacacións de Nadal que...

xa están á volta da esquina!!

Esperamos que vos gusten e recordade que...
"UN DÍA SEN LER É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!

Chegou o acendido de Nadal da biblio!!

Ola peques e familias!! 

O Nadal chega ao cole co acendido de Nadal da biblioteca!! 

E aquí o momento tan esperado!!

O directo neste caso gaña moito e as caras de emoción e ilusión son o mellor!!! Aquí detalliños da decoración deste curso!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO 

tamén en Nadal"!! 

Así que na próxima entrada vos deixamos unhas RECOMENDACIÓNS!! 

Apertiñas lectoras!!

Recreos na biblio!!

Ola peques e familias!! 

Na biblio do noso cole sempre hai moitísimo movemento nos recreos!! LIBROS QUE VEÑEN E VAN en préstamo para as casas sen parar!! É marabilloso!! 

E moitos momentos de lecturas!!

Os estantes de NOVIDADES sempre cheos e actualizados, atendendo tamén ás peticións de alumnado e profesorado, e algúns agasalliños como no Día do Libro... axudan moito á motivación!!

 Cabe destacar a estupenda colaboración d@s voluntari@s de sexto!!

Apertiñas lectoras!!

Visitounos Sabela Núñez Singala!!

Ola peques e familias!! 

Este trimestre tivemos a sorte de que @s nen@s de sexto recibisen a visita, un curso máis, da marabillosa escritora SABELA NÚÑEZ SINGALA!! 

O seu libro "O agasallo de Anya" continúa a ser un éxito dentro dos ITINERARIOS LECTORES!! 

Ela cóntanos onde se inspirou e unhas pinceladiñas das súas historias de vida solidarias, é apaixoante escoitala!! 

E como extra levar todos os libros asinados para casa foi moi emocionante e que nos incluíse no seu blog!! 

BLOG DO AGASALLO DE ANYA

GRAZAS Sabela sempre pola túa cercanía e entrega!! 

Apertiñas lectoras!!

Comezaron os apadriñamentos e amadriñamentos LECTORES!!

 Ola peques e familias!! 

No primeiro trimestre púxose en marcha a xa coñecida actividade dos PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S!! 

@S carteir@s da biblio viñeron a anunciala polas aulas repartindo cartas enviadas por Libria!!


Esta actividade consiste en xuntarnos durante todo o curso con outra clase do cole para LER XUNT@S ou facer calquera actividade que se nos ocorra!!  

O primeiro encontro foi estupendo!! ARTE e CONVIVENCIA unidos seguindo o proxecto deste curso!! 

Para mostra algunhas imaxes e enlaces a BLOGS!!

Con máis detalle...

BLOG DE SEGUNDO

BLOG DE PRIMEIRO A

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

viernes, 10 de noviembre de 2023

Arrancan as MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Ola peques e familias!! 

Fai xa unhas semaniñas arrancou unha actividade que xa ten moita tradición na nosa biblio!! AS MOCHILAS VIAXEIRAS!! 

Libria e o seu equipo o prepararon todo para que puidesen comezar as súas viaxes!! 


Cabe recordar que require moita responsabilidade no coidado dos libriños que van dentro!! 

Con esta peque de primeiro de mostra da ilusión que xeran.... arrancan as VIAXES LECTORAS a todas as casiñas!! 

E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!! 

LIBRIA.


miércoles, 8 de noviembre de 2023

Contacontos de Samaín do alumnado do IES!!

Ola peques e familias!
Sabedes quen veu visitar a nosa biblioteca o día de Samaín? 
Un grupo de rapazas e
profes de 4º da ESO!
Pero… non viñeron só de visita, traían preparado un supercontacontos de meeeeeedo con SUSTO incluído que puideron gozar maiores
do cole, xa que…daban un pouco de medo as súas historias de defuntiños!!
Volvede pronto a visitarnos con máis contacontos! 
Moitas grazas por vir
e facernos gozar!

E RECORDADE:
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
LIBRIA

martes, 24 de octubre de 2023

Día das bibliotecas escolares algo terrorífico!!

 Ola peques e familias!! 

Neste día tan especial para as nosas bibliotecas houbo moitas sorpresas!! 


"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Unha delas foi a entrega de MARCAPÁXINAS diferentes de agasallo con cada un dos préstamos desta semana!! Aquí unha mostra:

Pero ademais... parece que o SAMAÍN tamén está chegando a este recuncho do cole!! 


Libria tamén se animou a caracterizarse... e que vos parece o amiguiño que nos acompañará estas semanas??

E o máis importante, este día ven acompañado de moitas RECOMENDACIÓNS LECTORAS!! Aquí van algunhas que xa temos nos expositores!!

Feliz Samaín lector!!