Entre o 11 e o 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa na Escola. Unha iniciativa marcada no calendario escolar que fai da prensa un elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico do alumnado.
Uns carteiros moi especiais percorreron as aulas deixando lotes de revistas e xornais para as "Horas de Ler" e as diferentes actividades dos cursos.
E tamén comezamos co préstamo de revistas. Busca aquelas que están sinaladas cun punto verde e poderás levalas un tempo para a casa.