BLOG INFANTIL

miércoles, 26 de abril de 2017

ABRIL, MES DOS LIBROS


Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da "Semana do libro" do 17 ó 21 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.
O martes 18 fixemos os intercambios de lectores entre as aulas.
O mércores e xoves os maiores apadriñaron ós máis pequenos, agasallando coas lecturas polos patios.
O venres 21 tivemos moitas visitas de familiares que nos falaron dos seus libros preferidos e das emocións que lles evocaban.
Tamén tivemos a visita do contacontos Servando Barreiro.
Unha semana chea de sorpresas arredor dos libros! 
Enlaces ás noticias na prensa:



miércoles, 19 de abril de 2017

UN LIBRO, UNHA EMOCIÓN

Pixabay
venres 21 de abril gustaríanos que algún familiar do alumnado viñera lernos durante a "Hora de Ler" (de 12:15 a 12:35). Podería ser un conto, ou un fragmento dun libro, e quixeramos que nos falarades das emocións que vos evoca a súa lectura (por exemplo: contaxia felicidade súa lectura relaxa e tranquilizambravos á vosa infancia, o final e algo triste...). Deste xeito contribuiremos a mellorar o coñecemento das emocións dentro do noso proxecto  EmocionArte. 
Se vos animades a participar, poñédevos en contacto co titor/a . 

miércoles, 5 de abril de 2017

BOOKCROSSING POLA ILLA:LIBRIA GO!

Hoxe Libria, a mascota da biblioteca, liberou libros por moitos lugares da Illa de Arousa. O "BookCrossing", ou a liberación de libros, consiste en deixar libros en lugares públicos para ler quen os atope. Logo da lectura, debemos liberalos de novo, para que sigan viaxando e facendo novos amigos.

Para darnos algunha pista, os libros que deixou están localizados no seguinte mapa. Se os atopades, e decidides deixalos noutro lugar, podedes falar coas mestras/es da biblioteca para cambiar a súa ubicación no mapa.
Cando chegue o outono de 2017 os que atopedes os libros non os liberedes de novo, traedeos ó colexio para que pasen o inverno na biblioteca.
Agardamos que vos guste esta emocionante aventura, e que atopedes moitos libros. Con ela queremos festexar o "Día do libro Infantil e xuvenil" (2 de abril). Lembrade anotarvos no "Diario da viaxe" para que saibamos cantas persoas leron o libro na súa viaxe. Boa búsqueda e boas lecturas!!