BLOG INFANTIL

miércoles, 16 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL

Como ven sendo habitual, xa está aquí  un novo boletín de Libria con recomendacións de lectura para este nadal. Agardamos que vos gusten. 

jueves, 19 de noviembre de 2015

PREMIO NO CERTAME "OUFF ESCOLA 2015"


O corto "Quen levou a lúa?", elaborado polo alumnado e profesorado do centro ven de recibir o segundo premio do "Festival Internacional de Cine OUFF de Ourense," na súa modalidade educativa: "OUFF ESCOLA". Para recoller este premio desplazáronse ata Ourense, onde tamén puideron ver outros cortos premiados. O curso pasado xa acadaran o primeiro premio no concurso "Nos tamén creamos," así que este é o segundo galardón que reciben por "Quen levou a lúa?" NORABOA!!!

martes, 3 de noviembre de 2015

AS MOCHILAS VOLVEN VIAXAR

 As "MOCHILAS VIAXEIRAS" saíron da biblioteca cargadas de moitas sorpresas e libros para descubrir en familia, e están desexando chegar ás vosas casas. Libria foi a encargada de achegar a primeiro as súas mochilas. Menuda sorpresa que levaron ó ver entrar á mascota da biblioteca nas aulas. Agardamos que vos gusten. Boa Viaxe!

jueves, 22 de octubre de 2015

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro festexaremos o "Día da Biblioteca", e a " Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares"propuxo adicarlle ás Bibliotecas Escolares todo o mes de outubro. Por iso estes días o alumnado de Educación Infantil e primeiro de Educación Primaria estivo de visita pola biblioteca do cole e a biblioteca municipal. Aprenderon a desenvolverse nelas, e a sacarlle todo o partido mediante o préstamo dos fondos e as diferentes posibilidades que ofrece: libros, xogos, películas, ordenadores...

miércoles, 24 de junio de 2015

1ºA COMPARTE O PREMIO CON LIBRIA

AS NENAS E NENOS DE 1ºA FIXERON UNHA VISITA Á BIBLIOTECA QUE ENCHEU DE LEDICIA A LIBRIA. VIÑERON CARGADOS COS LIBROS QUE RECIBIRON COMO PREMIO POLA ADAPTACIÓN EN VÍDEO "QUÉN LEVOU A LÚA?" COA QUE GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "NOS TAMÉN CREMOS".
OS LIBROS QUEDARON NA BIBLIOTECA PARA QUE TODOS POIDADES GOZAR COA SÚA LECTURA. MOITAS GRAZAS!!

lunes, 22 de junio de 2015

VISITA DE ANXO MOURE

ANXO MOURE VEU HAI UNS DÍAS Á BIBLIOTECA DO COLE PARA CONTARLLE Ó ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MOITAS HISTORIAS RELACIONADAS COS SEUS LIBROS "A XACIA LUVIÑAS" E O "CARBALLO CON BOTAS". NELAS TRANSMITÍU ÓS MÁIS PEQUENOS DO COLE O IMPORTANTE QUE É COIDAR OS NOSOS BOSQUE E AS NOSAS RÍAS, RÍOS E MARES.



miércoles, 10 de junio de 2015

PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O ALUMNADO E PROFESORADO DE 1º A ESTÁN DE NORABOA. ACABAN DE RECIBIR O 1º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA QUE OUTORGA A XUNTA DENTRO DO CONCURSO "NÓS TAMÉN CREAMOS". OS MESTRES JACOBO, FÁTIMA, MARÍA E CARLOS ACADARON, XUNTO CO ALUMNADO DE 1ºA, UN MERECIDO RECOÑECEMENTO TRAS MESES DE TRABALLO NA ADAPTACIÓN DO LIBRO "QÉN LEVOU A LÚA?" Ó ENTORNO DA ILLA DE AROUSA, E POSTERIOR REALIZACIÓN EN VIDEO DUNHA ANIMACIÓN COA TÉCNICA "STOP MOTION". TODOS OS ELEMENTOS QUE APARECEN NA ANIMACIÓN ESTÁN FEITOS POLO ALUMNADO DE 1º A, E A MÚSICA É UNHA COMPOSICIÓN ORIXINAL DO PROFE CARLOS. NORABOA!!!!
PARA VER O VIDEO PREME NO SEGUINTE ENLACE:QUÉN LEVOU A LÚA?
PARA VER A NOTICIA DO FARO DE VIGO PREME NO SEGUINTE ENLACE: EL ARTE DE ENSEÑAR DESDE LA ORIGINALIDAD

viernes, 5 de junio de 2015

PREMIO NO III CERTAME DE RELATO CURTO

O 27 DE MAIO ENTREGÁRONSE EN PONTEVEDRA OS PREMIOS DO "III CERTAME DE RELATO CURTO" QUE CONVOCOU A FANPA  (FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPA DE CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA). ENTRE OS PREMIADOS ESTÁ CANDELA, DE 4ºB, QUE RESULTOU FINALISTA CO SEU RELATO "O XOGO E A AVENTURA ESTÁ NA LECTURA". O SEU RELATO, XUNTO CON OUTROS PREMIADOS, PUBLICARONSE NUN LIBRO QUE EDITA A FANPA. 
NORABOA CANDELA!!!

MUSICONTO PARA A RECICLAXE


"O PÍRINCIPE LINO NO REINO DE AZELEB" FOI O CONTO MUSICADO QUE TODO O ALUMNADO DO CENTRO TIVO OCASIÓN DE VER HAI UNHAS SEMANAS. CON ÉL LEMBRAMOS A IMPORTANCIA DE FACER UNHA BOA XESTIÓN DOS RESIDUOS QUE XERAMOS NAS CASAS, DEIXANDO EN CADA COLECTOR O QUE LLE CORRESPONDE. TAMÉN GOZAMOS COA MÚSICA E AS CANCIÓNS QUE O ACOMPAÑABAN.

miércoles, 3 de junio de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 NA SEMANA DO LIBRO, O ALUMNADO DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA "APADRIÑARON" Ó ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
 OS PADRIÑOS E MADRIÑAS TIVERON QUE ESCOLLER UNHA LECTURA AXEITADA Á IDADE DOS AFILLADOS E AFILLADAS.
 E OS PATIOS DO COLEXIO ENCHÉRONSE DE IMAXINACIÓN, FANTASÍA E BOAS HISTORIAS!

 QUÉ BEN O PASAMOS! 

lunes, 1 de junio de 2015

VISITA DE LIBRIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

 VAIA SORPRESA! LIBRIA DE VISITA EN EDUCACIÓN INFANTIL. A MASCOTA DA BIBLIOTECA APROVEITOU A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO PARA VISITAR OS MÁIS PEQUENOS DO COLE.
DEIXOU LIBROS DE AGASALLO PARA AS BIBLIOTECAS DAS AULAS E MARCAPÁXINAS PARA COLOREAR. E TODOS QUEDARON ENCANTADOS DA SÚA VISITA. ATA PRONTO!!!


miércoles, 27 de mayo de 2015

VISITA DE INACIO VILARIÑO

 O ESCRITOR INACIO VILARIÑO ESTIVO HAI UNS DÍAS NO COLE PARA CONTARNOS MOITAS HISTORIAS RELACIONADAS CO SEU LIBRO "FÁBULA GALÉNICA", GALARDOADA CO  PREMIO "BARRIGA VERDE" DE TEXTOS DE TEATRO PARA MONICREQUES.

miércoles, 6 de mayo de 2015

KAMISHIBAI


A SEMANA DO LIBRO TROXO MOITAS SORPRESAS E ACTIVIDADES. UNHA DAS MÁIS AGARDADAS POLO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º FOI A VISITA DO ALUMNADO DE 1º DA ESO DO IES DA ILLA DE AROUSA PARA CONTARNOS O TRABALLO DE ADAPTACIÓN Ó FORMATO "KAMISHIBAI" DE CATRO MITOS GREGOS.


"KAMISHIBAI" É UNHA PALABRA XAPONESA QUE SIGNIFICA "TEATRO DE PAPEL". CONSISTE EN NARRAR UNHA HISTORIA ACOMPAÑADA DE ILUSTRACIÓNS. NESTE CASO OS MITOS QUE ADAPTOU O ALUMNADO, FACENDO ELES MISMOS AS ILUSTRACIÓNS FORON: ATENEA Y ARACNÉ, ARGOS E ÍO, DIANA Y CALISTO E A ORIXE DO SOL.

miércoles, 22 de abril de 2015

SEMANA DO LIBRO 2015

Con motivo da celebración do Día do Libro, estamos a organizar no colexio distintas actividades, entre as que destacan as seguintes:
  • HORA DE LER: despois do éxito do curso pasado, dende setembro, e durante 20 minutos despois do recreo, no colexio non se escoita nada, estamos todos a ler!
  • VISITA DE IGNACIO VILARIÑO: o luns 20, o escritor, actor, contacontos, guionista... Ignacio Vilariño, autor do libro Fábula Galénica visitou aos nenos e nenas de Educación Primaria.
  • INTERCAMBIOS LECTORES ENTRE AULAS: o martes 21, un ou dous representantes de cada aula agasallarán cunha lectura aos compañeiros/as de cursos inferiores.
  • APADRIÑAMENTOS LECTORES: o mércores 22, os alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria apadriñarán aos nenos/as de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, respectivamente, aos que lerán individualmente un conto.
  • TEATRO PAN DE MILLO: o xoves 23 disfrutaremos iremos ao Auditorio do concello para disfrutar en directo coas cancións da compañía de teatro Migallas e o seu espectáculo Merenda con Pan de millo.
  • KAMISHIBAI: O xoves 23 de abril contaremos coa visita do alumnado do IES Illa de Arousa, que organizará unha actividade deKamishibai ("teatro de papel") para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • CARAPUCHIÑA VERMELLA: venres 24, os alumnos de 1º B presentarán aos seus compañeiros de 1º A e 1º C unha adaptación do conto Carapuchiña Vermella.
  • VISITA DE LIBRIAo venres 24, Libria, a mascota da nosa biblioteca, visitará aos nenos e nenas de Educación Infantil.
  • CONTACONTOS: o luns 27 de abril o contacontos galego Anxo Moure visitará ao alumnado de Educación Infantil co seu conto A xacia Luviñas.
  • MUSICONTOS: o luns 27 a Banda de Música de Vilagarcíavisitará o centro para presentar o Musiconto "O príncipe Lino no reino de Azeleb"e recordarnos a importancia da reciclaxe.
Polos corredores do centro e nas aulas tamén quedarán pegadas da celebración deste día...

jueves, 19 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA



 A SEMANA PASADA CONMEMORAMOS A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA. NAS AULAS TRABALLAMOS CON XORNAIS E NA BIBLIOTECA TIVEMOS TODA A SEMANA XORNAIS E MÁIS REVISTAS DAS QUE ADOITAMOS TER.

TAMÉN RECIBIMOS A VISITA DUNHA XORNALISTA, BEA COSTA, REDACTORA DA VOZ DE GALICIA. BEA TIVO UN ENCONTRO CO ALUMNADO DE CUARTO, QUINTO E SEXTO DO CENTRO. FALOU DE COMO ESCRIBEN AS NOTICIAS, E CONTOU MOITAS ANÉCDOTAS DO SEU TRABALLO. TAMÉN DEUNOS ALGÚN APUNTE DO FUTURO DO XORNAL DIXITAL E A SÚA IMPORTANCIA PARA O MEDIO AMBIENTE.

DURANTE A SÚA INTERVENCIÓN ABORDOU A RELACIÓN DA MULLER E O XORNALISMO, XA QUE TIÑAMOS MOI RECENTE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, E RELATOU A SÚA EXPERIENCIA PERSOAL.

viernes, 6 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN RECICLarte


Xa están na biblioteca, para a súa exposición, as obras de arte que fixo o alumnado do centro co material de refugallo. Aquí podedes ver o moito que traballaron os artistas. Canta imaxinación e creatividade!



 Con estes traballos tan bos, ó xurado foille moi complicado escoller só un obra de arte. Pero finalmente será a  de Erik, de 2º B, a que representará o centro no concurso de SOGAMA.