AS NENAS E NENOS DE 1ºA FIXERON UNHA VISITA Á BIBLIOTECA QUE ENCHEU DE LEDICIA A LIBRIA. VIÑERON CARGADOS COS LIBROS QUE RECIBIRON COMO PREMIO POLA ADAPTACIÓN EN VÍDEO "QUÉN LEVOU A LÚA?" COA QUE GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "NOS TAMÉN CREMOS".
OS LIBROS QUEDARON NA BIBLIOTECA PARA QUE TODOS POIDADES GOZAR COA SÚA LECTURA. MOITAS GRAZAS!!
BLOG INFANTIL
▼
miércoles, 24 de junio de 2015
lunes, 22 de junio de 2015
VISITA DE ANXO MOURE
ANXO MOURE VEU HAI UNS DÍAS Á BIBLIOTECA DO COLE PARA CONTARLLE Ó ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MOITAS HISTORIAS RELACIONADAS COS SEUS LIBROS "A XACIA LUVIÑAS" E O "CARBALLO CON BOTAS". NELAS TRANSMITÍU ÓS MÁIS PEQUENOS DO COLE O IMPORTANTE QUE É COIDAR OS NOSOS BOSQUE E AS NOSAS RÍAS, RÍOS E MARES.
miércoles, 10 de junio de 2015
PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
O ALUMNADO E PROFESORADO DE 1º A ESTÁN DE NORABOA. ACABAN DE RECIBIR O 1º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA QUE OUTORGA A XUNTA DENTRO DO CONCURSO "NÓS TAMÉN CREAMOS". OS MESTRES JACOBO, FÁTIMA, MARÍA E CARLOS ACADARON, XUNTO CO ALUMNADO DE 1ºA, UN MERECIDO RECOÑECEMENTO TRAS MESES DE TRABALLO NA ADAPTACIÓN DO LIBRO "QÉN LEVOU A LÚA?" Ó ENTORNO DA ILLA DE AROUSA, E POSTERIOR REALIZACIÓN EN VIDEO DUNHA ANIMACIÓN COA TÉCNICA "STOP MOTION". TODOS OS ELEMENTOS QUE APARECEN NA ANIMACIÓN ESTÁN FEITOS POLO ALUMNADO DE 1º A, E A MÚSICA É UNHA COMPOSICIÓN ORIXINAL DO PROFE CARLOS. NORABOA!!!!
PARA VER O VIDEO PREME NO SEGUINTE ENLACE:QUÉN LEVOU A LÚA?
PARA VER A NOTICIA DO FARO DE VIGO PREME NO SEGUINTE ENLACE: EL ARTE DE ENSEÑAR DESDE LA ORIGINALIDAD
viernes, 5 de junio de 2015
PREMIO NO III CERTAME DE RELATO CURTO
O 27 DE MAIO ENTREGÁRONSE EN PONTEVEDRA OS PREMIOS DO "III CERTAME DE RELATO CURTO" QUE CONVOCOU A FANPA (FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPA DE CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA). ENTRE OS PREMIADOS ESTÁ CANDELA, DE 4ºB, QUE RESULTOU FINALISTA CO SEU RELATO "O XOGO E A AVENTURA ESTÁ NA LECTURA". O SEU RELATO, XUNTO CON OUTROS PREMIADOS, PUBLICARONSE NUN LIBRO QUE EDITA A FANPA.
NORABOA CANDELA!!!
NORABOA CANDELA!!!
MUSICONTO PARA A RECICLAXE
"O PÍRINCIPE LINO NO REINO DE AZELEB" FOI O CONTO MUSICADO QUE TODO O ALUMNADO DO CENTRO TIVO OCASIÓN DE VER HAI UNHAS SEMANAS. CON ÉL LEMBRAMOS A IMPORTANCIA DE FACER UNHA BOA XESTIÓN DOS RESIDUOS QUE XERAMOS NAS CASAS, DEIXANDO EN CADA COLECTOR O QUE LLE CORRESPONDE. TAMÉN GOZAMOS COA MÚSICA E AS CANCIÓNS QUE O ACOMPAÑABAN.
jueves, 4 de junio de 2015
miércoles, 3 de junio de 2015
APADRIÑAMENTOS LECTORES
NA SEMANA DO LIBRO, O ALUMNADO DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA "APADRIÑARON" Ó ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
OS PADRIÑOS E MADRIÑAS TIVERON QUE ESCOLLER UNHA LECTURA AXEITADA Á IDADE DOS AFILLADOS E AFILLADAS.
E OS PATIOS DO COLEXIO ENCHÉRONSE DE IMAXINACIÓN, FANTASÍA E BOAS HISTORIAS!
QUÉ BEN O PASAMOS!
lunes, 1 de junio de 2015
VISITA DE LIBRIA EN EDUCACIÓN INFANTIL
VAIA SORPRESA! LIBRIA DE VISITA EN EDUCACIÓN INFANTIL. A MASCOTA DA BIBLIOTECA APROVEITOU A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO PARA VISITAR OS MÁIS PEQUENOS DO COLE.
DEIXOU LIBROS DE AGASALLO PARA AS BIBLIOTECAS DAS AULAS E MARCAPÁXINAS PARA COLOREAR. E TODOS QUEDARON ENCANTADOS DA SÚA VISITA. ATA PRONTO!!!