Se precisades axuda cando veñades á biblioteca, e os profes andan moi liados co préstamo e devolución de libros, lembrade que podedes preguntarlle ás nosas axudantes. Cada día serán diferentes as nenas e nenos que axuden na biblioteca, pero os atoparedes pola identificación que levan colgada do pescozo. Podedes consultarlle como atopar o libro que andades procurando ou tamén para que vos axuden a deixalo na estantería axeitada.
BLOG INFANTIL
▼
viernes, 23 de noviembre de 2012
martes, 6 de noviembre de 2012
DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro conmemoramos o "Día Internacional da Biblioteca". Este é un día axeitado para lembrar o papel tan importante das bibliotecas na sociedade e, como non, para facerlle unha visita. Iso foi o que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil. Durante a visita tiveron ocasión de coñecer a biblioteca e a Libria, a nosa mascota. Tamén recolleron as bolsas para levar os libros emprestados ás súas casas e escoitaron un contiño que lles contou a profe Begoña. Fixádevos o atentos que están todos. Nótase que lles gustou moito.
A biblioteca municipal tamén festexou este día con actividades especiais. Unha das que máis gustou foi a exposición de fotografías das actividades desenvoltas pola biblioteca municipal ó longo destes anos.